Información pública. DH.W15.24385

 

Información pública. DH.W15.24385

Nº de Disposición:
 
BOP-CORUNA:
111 
Fecha Disposición:
15/05/2008 
Fecha Publicación:
Órgano Emisor:
XUNTA DE GALICIA 
Categorias:
 

CLAVE: DH.W15.24385

O Concello de Oroso, con NIF P-1506100-E e con enderezo en Praza do Concello, 1, 15888 Oroso.

Solicita AUTORIZACIÓN para obras de adecentamento de vestiarios e substitución do peche perimetral da piscina municipal e reurbanización da marxe esquerda da Avda. de Compostela entre as edificacións con n.° de policía 2 e 12, puntos quilométricos 49, 150 e 49, 250 da estrada N-550 e novo edificio para cafetería na piscina.

Nos vestiarios da piscina municipal substituiranse as contras de taboleiro e as portas deterioradas e pintarase o teito. O peche do recinto da piscina substituirase por outro de bloque rematado en cachotaría e reixa metálica. Realizarase unha nova edificación de dimensións 8,60 x 7,00 m para cafetería.

Na Avda. de Compostela ampliarase a beirarrúa e substituiranse as baldosas e o pavimento asfáltico da zona de aparcamento e colocarase alumeado público e diverso mobiliario urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de VINTE (20) DÍAS a partir do seguinte á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas deste Servizo, situado na Praza de Vigo, 2-entresollado, Santiago de Compostela, onde se atopa exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2008

O xefe do Servizo Territorial da

Demarcación Galicia-Centro