Bases reguladoras do concurso ordinario para cubrir diversos postos de traballo na RPT da Deputación Provincial de Ourense

Nº de Disposición:
 
BOP-OURENSE:
Fecha Disposición:
23/02/2008 
Fecha Publicación:
Órgano Emisor:
DEPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE 
Categorías:
 
Co obxecto de proceder a cubrilos postos de traballo establecidos na Relación de postos de traballo (en diante RPT) da Deputación Provincial de Ourense (aprobada por acordo do Pleno da Corporación, do 26 de xaneiro de 2007, e publicada no BOP n.º 51, do 3 de marzo), e de conformidade co establecido na lexislación aplicable en materia de función pública e persoal ó servizo da administración provincial, e en particular na Ordenanza provincial reguladora do cadro de persoal e da clasificación e ocupación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense (BOP n.º 28, do 4 de febreiro de 2004), esta Presidencia acordou aprobala convocatoria do concurso ordinario para cubrilos postos de traballo que se relacionan a continuación, consonte coas bases comúns e específicas que se reproducen a seguir.

A) Postos de traballo obxecto da convocatoria

1) (1) Regador da brigada de regas de Valdeorras (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

2) (1) Regador da brigada de regas de Viana (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

3) (1) Regador da brigada de regas das Terras de Trives (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

4) (1) Regador da brigada de regas da Baixa Limia (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

5) (1) Oficial de brigada da zona 2 (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

6) (1) Legoeiro da brigada de regas de Viana (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

7) (2) Legoeiros da brigada de regas das Terras de Trives (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

8) (1) Legoeiro da brigada de regas da Limia (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

9) (5) Legoeiros de brigada da zona 2 (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

B) Bases comúns do concurso ordinario

1ª) Obxecto. É obxecto destas bases a regulación para cubrir, polo procedemento de concurso ordinario, os postos de traballo definidos na RPT da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2007 que se relacionaron no apartado A). Os ditos postos contan coa correspondente dotación orzamentaria, atopándose en condicións administrativas para seren cubertos mediante o devandito procedemento. A descrición, clasificación e valoración dos ditos postos figuran no apartado correspondente das bases específicas para cada un deles.

2ª) Requisitos dos concursantes.

1. Para poderen ser admitidos ó concurso ordinario os aspirantes deberán reunilas seguintes condicións, por referencia á data límite para a presentación de instancias:

- Pertencer ó cadro de persoal da Deputación Provincial (no caso de postos de traballo reservados a persoal funcionario), ó cadro de persoal laboral fixo (no caso de postos de traballo reservados a persoal laboral fixo) ou a calquera dos dous cadros no caso de postos clasificados para cubrir indistintamente.

- Pertencer ós grupos, escalas, subescalas, clases e categorías profesionais que se especifican nas fichas individualizadas dos postos de traballo da RPT, recollidos en cada caso nas bases específicas desta convocatoria.

- Cumprir, se é o caso, os requisitos de formación específica que se establecen nas fichas individualizadas dos postos de traballo da RPT, recollidos en cada caso nas bases específicas desta convocatoria.

- Non atoparse en situación administrativa de suspensión de funcións, imposta por resolución disciplinaria.

3ª) Normas para a presentación de solicitudes e acreditación de méritos: As solicitudes dirixiranse ó presidente da Deputación, en modelo normalizado que será facilitado no Negociado de Persoal, e irán acompañadas da documentación acreditativa dos méritos que se aleguen. Presentaranse no rexistro xeral de entrada de documentos da Deputación ou a través de calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación será de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. En todo caso, non será preciso que acrediten documentalmente os méritos que consten no expediente do interesado no Negociado de Persoal, aínda que si deberán ser alegados na instancia correspondente. No caso de existencia de deficiencias formais corrixibles nas solicitudes, a Presidencia requirirá ós interesados outorgándolles un prazo de cinco días hábiles para a súa corrección. En ningún caso se poderá utilizar este trámite para a mellora da solicitude ou acreditar méritos non alegados na solicitude orixinal. Os méritos deberan acreditarse a través dos seguintes medios:

- As titulacións académicas, mediante orixinal ou copia compulsada do correspondente título oficial ou do xustificante de cumprilos requisitos e ter satisfeito os dereitos para a súa expedición.

- A antigüidade e os servizos prestados na administración pública, mediante certificación expedida polo órgano competente da administración pública de que se trate.

- Os servizos prestados no sector privado, mediante certificación de vida laboral e copia do correspondente contrato de traballo, no caso de servizos por conta allea, e mediante orixinal do correspondente contrato mercantil, no caso de servizos prestados por conta propia, ó que se poderá engadilos xustificantes e documentos que se consideren oportunos para unha mellor e máis clara acreditación.

- Os cursos de formación, mediante certificado expedido pola entidade promotora da acción formativa.

- O resto de méritos, se é o caso, acreditaranse do xeito que establezan as bases específicas ou, no seu lugar, mediante calquera medio documental de proba admisible en dereito. Este último medio para acreditar poderá ser utilizado no caso en que xustificadamente se produza unha imposibilidade ou unha dificultade extraordinaria para acreditalos polos medios previstos nestas bases.

4ª) Lista de admitidos e excluídos: Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e, de selo caso, de corrección de deficiencias, a Presidencia ditará resolución pola que declara ós aspirantes admitidos e ós excluídos por incumprilos requisitos da convocatoria, pasándose as actuacións á Comisión de Valoración. Contra esta resolución da Presidencia, que será obxecto de publicación no taboleiro de edictos da Deputación Provincial, os interesados poderán interpoñelos recursos legalmente procedentes.

5ª) Comisión de valoración. Logo de rematalo prazo de presentación de instancias e aprobada a lista de admitidos e excluídos, constituirase a Comisión de Valoración prevista en cada caso nas bases específicas. A Comisión procederá á valoración dos méritos conforme coas regras establecidas en cada caso nas bases específicas e tendo en conta, en todo caso, as seguintes:

- Para a súa válida constitución, deberán concorrela maioría absoluta dos membros da Comisión, ademais do seu presidente e do secretario.

- A Comisión só poderá valoralos méritos alegados nas instancias e adquiridos antes da expiración do prazo de presentación de solicitudes.

- A Comisión poderá solicitar formalmente dos interesados as aclaracións ou, de selo caso, a documentación adicional que estimen necesaria para a comprobación dos méritos alegados.

- A Comisión poderá solicitalos informes e asesoramentos que estime precisos para levar a cabo a valoración.

- O prazo para a resolución do concurso será dun mes dende o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias.

- Os acordos da Comisión serán adoptados por maioría simple dos seus membros presentes.

- Unha vez realizada a valoración, a Comisión formulará a correspondente proposta de nomeamento a favor do aspirante que obtivese unha maior puntuación, que se elevará á Presidencia da Deputación para a súa resolución.

- No caso de empate entre dous ou máis aspirantes, e en defecto de regras especiais que poidan conterse nas bases específicas, a proposta da Comisión realizarase a favor dun só dos aspirantes empatados, de conformidade cos seguintes criterios, que se expresan por orde de preferencia:

a) A favor do aspirante con maior puntuación no apartado de servizos prestados en postos con funcións relacionadas co posto convocado.

b) En defecto do anterior, a favor do aspirante con maior puntuación no apartado de titulación académica

c) En defecto do anterior, a favor do aspirante con maior puntuación no apartado de cursos de formación

d) En defecto do anterior, a favor do aspirante con maior antigüidade.

e) En defecto dos anteriores, realizarase un sorteo público.

- A Comisión quedará facultada para resolvelas dúbidas que se presenten e tomalos acordos necesarios para a correcta xestión do procedemento en todo o non previsto nestas bases.

6ª) Resolución. Unha vez recibida a proposta da Comisión, a Presidencia resolverá o concurso, e nomeará ó aspirante proposto pola Comisión, agás nos casos previstos no artigo 40 da Ordenanza reguladora do cadro de persoal e da clasificación e provisión de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense, nos que se procederá conforme sinale a dita norma.

A resolución notificaráselle ó interesado que tomará posesión conforme co establecido na normativa vixente.

C) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de regador da brigada de regas de Valdeorras (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: regador da brigada de regas de Valdeorras (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo. Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro especializado/legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 14

2.- Complemento específico: 9.537,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0, 20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

D) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de regador da brigada de regas de Viana (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: regador da brigada de regas de Viana (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo. Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro especializado/legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 14

2.- Complemento específico: 9.537,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo:

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0, 20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

E) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de regador da brigada de regas das Terras de Trives (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

Denominación do posto: regador da brigada de regas das Terras de Trives (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro especializado/legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 14

2.- Complemento específico: 9.537,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

F) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de regador da brigada de regas da Baixa Limia (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

Denominación do posto: regador da brigada de regas da Baixa Limia (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro especializado/legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 14

2.- Complemento específico: 9.537,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

G) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de oficial de brigada da zona 2 (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

Denominación do posto: oficial de brigada da zona 2 (ns). Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve tarefas de regado das emulsións asfálticas.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo. Grupo: C2.

2.- Categoría profesional: albanel.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 17

2.- Complemento específico: 8.262,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

H) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de legoeiro da brigada de regas de Viana (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: legoeiro da brigada de regas de Viana (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 12

2.- Complemento específico: 7.089,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

I) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de legoeiro da brigada de regas das Terras de Trives (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: legoeiro da brigada de regas das Terras de Trives (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: dous.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo. Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 12

2.- Complemento específico: 7.089,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

L) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de legoeiro da brigada de regas da Limia (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: legoeiro da brigada de regas da Limia (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolven funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: un.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo Grupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 12

2.- Complemento específico: 7.089,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0, 20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

M) Bases específicas do concurso ordinario para cubrilo posto de traballo de legoeiro de brigada da zona 2 (Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2).

1ª) Datos do posto:

Denominación do servizo: Área de Infraestruturas e Servizos-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación-brigadas adscritas á zona 2.

Denominación do posto: legoeiro de brigada da zona 2 (ns).

Definición do posto:

1.- Descrición do posto: desenvolve funcións propias do seu oficio.

2.- Forma de provisión: concurso.

3.- Número de postos que se convocan: cinco.

Requisitos do posto:

1.- Tipo de persoal: funcionario/laboral fixo Grupo: Agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2.- Categoría profesional: legoeiro.

Retribucións do posto:

1.- Nivel de complemento de destino: 12

2.- Complemento específico: 7.089,00

2ª) Comisión de Valoración: A Comisión de Valoración do concurso estará integrada polos seguintes membros:

Titulares: Presidente: don José Luis Suárez Martínez, xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªÁngela Garrido Movilla, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Manuel González Sánchez, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don José Antonio Blanco Pérez, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don Francisco Cacharro Gosende, secretario xeral da Deputación.

Suplentes: Presidente: don Carlos Castiñeiras Rois, xefe do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense.

Vogais: - Dona M.ªRosario Fernández Gómez, en representación do Servizo de Recursos Humanos.

- Don José Carlos González Díaz, en representación da unidade á que pertence o posto.

- Don Domingo Ramón Martínez Garrido, en representación da Xunta de Persoal.

Secretario: don José Eugenio Galindo González, letrado da Deputación.

3ª) Méritos: A valoración dos méritos para a adxudicación de postos efectuarase de acordo co seguinte baremo:

a) Servizos prestados en postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense con funcións similares ou directamente relacionadas coas do posto que se convoca: adxudicaranse ata un máximo de 10 puntos, a razón dun punto por cada ano de servizo.

b) Cursos de formación e perfeccionamento: unicamente se valorarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento que teñan relación directa coas actividades para realizar no posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos, aplicados da seguinte forma:

- Por cada curso de ata 30 horas de duración: 0,10 puntos.

- Por cada curso de máis de 30 horas e menos de 100 horas: 0,20 puntos.

- Por cada curso de máis de 100 horas: 0,50 puntos. A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autenticada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por posuír titulación superior á esixida para a praza: 3 puntos.

d) Antigüidade: valorarase a razón de 0,10 puntos por cada ano de servizo ata un máximo de 2 puntos, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario.

Ourense, 12 de febreiro de 2008. O presidente. Asdo.: José Luis Baltar Pumar.