Aprobacion inicial de estatutos e bases de actuación APR A-4-76 Seara (expte. 4934/401).

 

Aprobacion inicial de estatutos e bases de actuación APR A-4-76 Seara (expte. 4934/401).

Nº de Disposición:
4934/401 
BOP-PONTEVEDRA:
Fecha Disposición:
17/02/2010 
Fecha Publicación:
Órgano Emisor:
VIGO 
Categorías:
 

A Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2009 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación da Xunta de Compensación do ámbito de planeamento remitido con ordenación detallada APR A-4-76 SEARA do PXOM de Vigo, de acordo coa documentación presentada en datas 17.06.2009 e 21.09.2009 polos representantes legais das mercantís VialPark, S.L., Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L., Servicios Marsero Galicia, S.L. e Bouza Alta, S.L. e cos informes técnicos que constan no Exp. nº 4934/401 da Oficina de Planeamento Xestión da XMU.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación simultánea e individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios e titulares de dereitos de contido patrimonial no ámbito, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas e, de ser o caso, soliciten a súa incorporación ó proceso.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, a 2 de febreiro de 2009.O Alcalde, Abel Caballero Álvarez. 2010001501

7461830.pdf